Adxudicadas as obras de pavimentación dos tres primeiros quilómetros da estrada DP-0106, entre Abegondo e Carral

Os traballos acometeranse do PQ 0+000 ao 3+170 e faranse primeiro por unha marxe e posteriormente pola outra para poder manter sempre o servizo nun dos dous carrís

A Deputación da Coruña adxudicou por 240.911,70 euros as obras de renovación do pavimento da estrada provincial DP-0106 entre os puntos quilométricos PQ 0+000 e 3+170, no límite dos concellos de Abegondo e Carral.

Os traballos, incluídos no Plan de Conservación de Estradas, inclúen o despexe e limpeza de cunetas, a poda das árbores que supoñan risco para a seguridade viaria e o posterior asfaltado destra tramo vía, xunto coa reposición da sinalización horizontal e das tapas de rexistro e pozos.

Para evitar cortes da estrada, os traballos realizaranse primeiro por unha marxe e posteriormente pola outra.

O prazo previsto para a execución destas obras é de tres meses.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.