Alexandre Penas: “Nos vindeiros días comezará a renovación da rúa Ferradura, nas Gándaras”

O Goberno de Lugo continúa a actuar nas zonas periurbanas da cidade

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que nos vindeiros días comezará a renovación da rúa Ferradura, nas Gándaras. Penas explicou que «no 2021 renovamos o asfaltado de 15 rúas do barrio e durante este ano continuamos a traballar no barrio, para completar a renovación das infraestruturas públicas da zona».

A solución adoptada consiste na aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, o que asegurará que a intervención sexa duradeira. Unha vez realizados estes traballos, renovarase a sinalización horizontal da zona. Esta intervención supón un investimento de 38.096,68€, para o asfaltado conxunto destas tres rúas, xunto co Camiño das Regas e a Pista da Fervedoira.

Durante o ano pasado, o Goberno de Lugo realizou unha importante intervención nas Gándaras, renovando o asfalto das rúas Vagalume, Bolboreta, Paporrubio, Galo, Gaivota, Toledo, Areas, Rola, Camiño de Gustavo e Pombo, ademais dos ramais de acceso da rúa da Rola á Avenida Adolfo Suárez, Bolboreta a Monte Pía Páxaro e Adolfo Suarez á Urbanización Castro Gil.

«Continuamos a traballar na mellora dos barrios da cidade e das zonas periurbanas, mellorando a calidade de vida das veciñas e veciños que a diario utilizan estas rúas», afirmou o edil de infraestruturas, que engadiu «con esta intervención completamos os traballos iniciados o ano pasado, rematando a renovación integral da zona das Gándaras».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.