#Aporoascenso. Mónica Martínez. “A cidade está chea das cores azul e branco, os da historia do Dépor. Entre todos ascenderemos ao equipo”

Mónica Martínez, deportivista desde o berce, é unha xornalista que viviu os mellores momentos do equipo. Púxolle voz e faciana a unha historia, que quedou para sempre incardinada na alma e corazón dos miles de deportivistas,,que hoxe están a colgar as bandeiras en xanelas e balcóns das súas casas para darlle cor ao primeiro día especial, o do Mach Ball dos dous que debe xogar un equipo que namora a miles de afeccionados.
Mónica Martínez é a responsable de Deportes do Concello da Coruña, entregada en corpo e alma ao seu labor, comezan a verse os progresos nunha cidade que sempre viviu cara ao deporte competicional, amateur e de barrios. Hoxe está situada a cidade coruñesa no mapa deportivo a nivel internacional, con importantes competicións celebradas na nosa cidade.
Sen esquecer os deportes de mantemento, o coñecido, como” deporte para todos” que fan os cidadáns nas instalacións municipais que contan con excelente equipamento e profesionais que axudan a quen practica deportes na terceira idade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *