Campionato Patinaxe Artística II Fase de Niveis Libre (Niveis do 4 ó 10) organizado polo CP Conxuro A Laracha

O CP Conxuro organiza a II Fase de Niveis Libre (Niveis do 4 ó 10) de patinaxe que se vai celebrar no pavillón Municipal da Laracha este sábado día 25 de xullo desde as 10:00 e ata as 14:20 horas

Trátase dunha proba federativa oficial á que acudirán preto de cen patinadores, que realizarán un programa coa finalidade de superar o seu nivel.

Tomarán parte no evento doce clubs de patinaxe de toda a provincia da Coruña, en concreto CP Patiart , CP Velúa, CP Aura, CP Buxaina , CP Lenda, CD Fervello, CPA Costa da Morte, CPA Inercia,, CP Alquimia, Club Compañía de María, Escola Lubiáns,  e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha.

O CP Conxuro presenta a 6 das súas patinadoras:

  • Nivel 4:  Iria Bustelo
  • Nivel 5: Lara Roca, Carla Santín e Claudia Regueira
  • Nivel 6: Lola Collazo e Claudia Buño.

Esta proba organizada polo CP Conxuro é convocada pola Federación Galega de Patinaxe e conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación Provincial da Coruña, Xunta de Galicia e Deporte Galego e os patrocinadores Asteria Café, Maluca Lobe, O Noso Café e Argalla.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.