Castiñeira: “O ex sindicalista Tomé exerce na Deputación como patrón autoritario que non defende os intereses dos traballadores”

O grupo popular reclama a reincorporación ao seu posto dunha traballadora da residencia de Trabada despedida aos poucos días de participar na denuncia das condicións laborais neste centro provincial
O portavoz popular destaca que a empresa que xestiona a residencia de Trabada recoñece na carta que enviou á traballadora que é un despido improcedente
Os populares din que o talante do presidente da Deputación en relación cos traballadores quedou claro na discriminación dos encargados das zonas verdes en Suplusa, nos procesos selectivos e no desinterese polo teletraballo
No PP esixen ao bigoberno provincial que atenda as reivindicacións das traballadoras da residencia de Trabada e que faga cumprir o establecido