Castiñeira: “Tomé é un peloteiro de Sánchez e por moito que decidamos no pleno de hoxe vai facer coa A-6 o mesmo que co estatuto electrointensivo: nada”

Os populares din que a provincia está seriamente preocupada polo futuro inmediato, que liga directamente a unha solución rápida e eficiente do derrubamento do viaduto en O Castro.

Javier Castiñeira di que unha vez máis se demostra que o presidente da Deputación é “nada esixente e moi condescendente coa deixadez do presidente Sánchez coa nosa provincia”

Os populares sosteñen que Tomé “apenas discute con Sánchez o que é bo para a provincia, e así abandonou á industria e ao campo; nesa mesma liña é partidario de aprobar leis ideoloxizadas, como a do lobo, ou a de costas, que vai contra os intereses de todos os mariñáns”

O portavoz popular está convencido de que “Tomé asinte a todo o que lle manda Sánchez, polo que, por moito que decidamos hoxe, vai seguir pasando de todo, o cal é unha desgracia para a provincia”

Castiñeira destaca que “dende o grupo provincial do PP temos a conciencia tranquila porque defendemos, alí onde estamos nas institucións, os intereses dos nosos veciños, moi por riba dos intereses do partido ao que pertencemos”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *