Castriz SD. Roxo e negro. Por @DulceCorcu

Non son só as cores da espléndida novela de Stendhal onde a paixón, ambición e as gañas de superar un adverso pasado son protagonistas, tamén é a bicolor combinación dun Castriz que volve a ter un pé nunha final de Copa da Costa como aquela por última vez de hai once anos. Queda un chanzo, o de superar ao vixente campión do título no seu terreo de xogo, algo difícil pero non inalcanzable para un equipo que, unha vez chegado ata aquí, non contempla darse por vencido de antemán.

O adestrador Miguel Chouza vén de renovar o seu compromiso co clube despois destas dúas tempadas que leva á fronte, culminando un proceso onde a actitude, obxectivos e traxectoria variaron notablemente, sendo agora mesmo un dos equipos máis competitivos da competición costeira, respectados e temidos e cunha plantilla onde a calidade e a veteranía sumaron esforzos para facer de San Pedro a chave dese ceo que aspiran a tocar. Sempre salpimentado coas lexendarias churrascadas post adestramento nas que dar os toques finais antes de cada partido. Á vista está que a proteína surte efecto facendo dos roxinegros os únicos capaces de unirse a ese elenco de semifinalistas coma son Fisterra, Muxía e Esteirana, dos que non é preciso lembrar as tremendas tempadas que acadaron. Pese a todo, moi capaces de competir ao nivel que esixa calquera rival, ilusionados e unidos, con todo por diante para demostrar que o Castriz vive para mellorar e que ningún reto coñeza a palabra «imposible». Da man dun Miguel Chouza que chegou para quedar polo menos dous anos máis, e para seguir vestindo de roxo e negro un equipo de novela na que todo parecido coa realidade non ten nada de ficción. É só parte dun futuro que xa se pode desfrutar neste magnífico presente que están a vivir.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.