CCOO logra a presidencia do Comité de Empresa da fábrica de Ence

A CIG perde os dous delegados que incrementa CC.OO., e sufre un duro correctivo

Na madrugada de hoxe coñeceronse os resultados das eleccions sindicais da fábrica de Ence, despois dunha votación que se desenvolveu entre as 13:00 e as 23;30 horas, cunha participación histórica do 90% do censo de Técnicos e Administrativos e de mais do 93% en Especialistas.

No colexio de Técnicos elexíanse 6 representantes, dos que 3 son de CC.OO ( 46 votos ), 2 UGT (35 votos) 1 de CIG ( 26 votos). No colexio de Especialistas elexíanse 7 representantes, dos que 4 son de CC.OO. ( 84 votos ), 2 CIG ( 41 votos) e 1 UGT ( 21 votos). Polo tanto CC.OO. consigue a maioría absoluta do Comité de Empresa con 7 representantes, a CIG 3 representantes e a UGT outros 3.

Con respecto as anteriores eleccions sindicais CC.OO. incrementa 2 representantes, a CIG ve reducida a súa representación en 2 delegados e a UGT mantense coa mesma representación. Trálas eleccions sindicais da fábrica, dos 23 representantes dos traballadores do Grupo Ence en Pontevedra ( 13 da fábrica, 9 das oficinas e 1 do viveiro de Figueirido), CC.OO. ten 17 ( 74% da representación ), CIG 3 e UGT 3.

Por primeira vez,  dende que se celebran eleccions sindicais na fábrica e se presentan os tres sindicatos de clase, un sindicato obtén maioría absoluta no Comité de Empresa, o que pon en valor a importancia e a trascendencia do resultado obtido por CC.OO.

Despois dos avatares xudiciais da concesión e das movilizacions desenvolvidas a ningén se lle escapa que estas eleccions tiñan unha especial relevancia porque servían para refrendar ou retirala confianza das duas liñas de acción, levadas a cabo por CC.OO e pola CIG ( que contou coa complicidade total da UGT ); e a plantilla, conscente de tal relevancia acudeu masivamente as furnas e decideu darlle o apoio a  linea de movilizacions emprendidas por CC.OO. en defensa da permanencia en Lourizán, que contaron co inestimable apoio do persoal das oficiñas, das empresas auxiliares, e dos sectores loxístico e forestal.

Destas eleccions tamén estaban pendentes tódalas institucions e partidos políticos que promoven o peche de Ence e a destrucción dos postos de traballo, que a bon seguro sentiranse “decepcionados” pola  recuperación da normalidade sindical que supón a defensa intransixente dos postos de traballo, e pola consecuente perda de apoios dos seus aliados na empresa.

CC.OO. valora moi positivamente os resultados polo que supón de consolidación da unidade de acción co resto do persoal propio de Ence e cos traballadores dos sectores auxiliares e indirectos, e porque nos permiten gañar forza na defensa da permanencia en Lourizán e na asdcripción de Ence ao Porto de Marín.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.