Chega a II Ruta Marín Pincho a Pincho

Celebrarase esta fin de semana na vila e conta con 14 locais participantes. Os pinchos custarán 2 euros e haberá tres gañadores, avaliados por mestres do Carlos Oroza

Desde mañá e ata o domingo, a vila de Marín acollerá a II Ruta Marín Pincho a Pincho, unha iniciativa organizada pola Asociación Botón de Ancla coa colaboración do Concello e que foi presentada no Concello pola concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, e representantes do colectivo e da hostalaría local.

Na ruta participarán os seguintes locais: Cafetería Polymnia, Bar Bianco, Tapería El Cortijo, Cafetería Mask, Cafetería Xainza, Montse Bar Tapas, Bar O Quënco de Aguete, Cafetería Royalty, Cafetería Alameda, Vinoteca As Vides, Cafetería La Estiba, Café Bar Thalavo, Bar Koré II e Brasería La Posada.

Haberá tres premios aos mellores pinchos, que serán avaliados polos profesores do CIFP Carlos Oroza Ana Area Gómez, Noa Seijo Orjales e Jorge Sánchez Verdeal. Ademais, haberá premios entre os clientes participantes e cada pincho custará 2 euros.

A entrega aos premiados será o día 5 ás 21.00 horas no Palco da Música da Alameda e contará cunha pequena actuación musical.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.