Comunicado do PP de Láncara sobre as declaracións do alcalde ante a denuncia por acoso por parte dunha traballadora do SAF

Ante as declaracións do alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, recollidas polos medios de comunicación en relación á denuncia por acoso presentada por unha traballadora da empresa concesionaria do servizo do SAF no municipio, o Partido Popular de Láncara:

– Considera que o alcalde socialista de Láncara se extralimitou das súas funcións porque non é competencia do alcalde investigar e denunciar a traballadores ou traballadoras dunha empresa privada.

– Pregúntase se o alcalde tería actuado da mesma forma se en lugar dunha muller fora un home; e se tamén actuaría igual se tivese coñecemento de casos nos que algún empregado dunha empresa en situación de baixa laboral estivera traballando.

– Reitera a súa condena ás actuacións do rexedor local e esíxelle responsabilidades por un comportamento que non é axeitado para o máximo representante dos veciños deste municipio e que causa un prexuízo tanto ao  Concello e coma aos veciños de Láncara.

Foto  portada. Concello,  Alcalde de Láncara

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.