Continúa o ciclo sobre Rosendo Salvado cunha visita guiada por Tui

Será este mércores ás 19 h con inicio na casa natal do bispo tudense

Este mércores continua o desenvolvemento do ciclo de actividades organizado polo Concello de Tui en torno a figura do bispo tudense, Frei Rosendo Salvado.

A actividade desta xornada estará centrada nunha visita guiada aos principais lugares da nosa cidade vinculados coa figura de Frei Rosendo Salvado, que mantivo sempre acesa a súa relación coa súa terra e as súas xentes.

Esta visita estará dirixida polo historiador Rafael Sánchez Bargiela. Comezará, ás 19 h, na casa natal do relixioso beneditino no número 7 da rúa que leva o seu nome na entrada ao barrio de Riomuíños.

Ao longo da visita os participantes poderán comprobar como diferentes lugares de Tui conservan a memoria de Rosendo Salvado. O percorrido finalizará na Praza da Inmaculada onde se ergue a escultura dedicada a súa permanente lembranza.

O alcalde de Tui expresa o seu desexo que este ciclo contribúa ao coñecemento da figura de Frei Rosendo Salvado, superando os tópicos que aínda o rodean, e a súa excepcional obra que nos enorgullece como tudenses e como galegos.

As actividades previstas nos vindeiros días neste ciclo sobre Rosendo Salvado son as seguintes:

  • Mércores, 1 de xuño, ás 19 h con inicio na casa natal na rúa Bispo Salvado nº7
    • Visita guiada por lugares tudenses relacionados con Rosendo Salvado
  • Xoves, 2 de xuño, ás 20.30 h na Aula da UNED
    • Mesa redonda sobre Rosendo Salvado e a música.
    • Participan:
      • Montserrat Capeláns, profesora Universidade de Santiago de Compostela
      • Andrea González, pianista e interprete do disco
    • Modera: Tomás Camacho, músico e director xubilado do Conservatorio Superior de Música de Vigo
  • Venres, 3 de xuño, ás 21 h no Teatro Municipal
    • Concerto – presentación do disco “Salvado – Piano Works” de Andrea González
  • Sábado, 4 de xuño, ás 21 h no Teatro Municipal
    • Proxección do documental “De Rosendo a Rosendo” (2018) dirixido por Cesar Espada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.