Cristina López presenta ás asociacións veciñais de Lugo o programa de subvencións de 2022

A área de Participación contempla un orzamento de 45.500€ para estas axudas, necesarias para manter a actividade do tecido asociativo local

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, mantivo esta mañá unha xuntanza coas asociacións veciñais de Lugo para presentar o programa de subvencións de 2022. A edil de Participación estivo acompañada nesta xuntanza polo persoal técnico da área, que resolveron as dúbidas das e dos representantes do tecido asociativo local.

A área de Participación inviste 45.500€ nestas subvencións, dirixidas a asociacións veciñais do concello de Lugo. As asociacións poderán presentar proxectos relacionados co asociacionismo, o voluntariado e a participación cidadá, ademais de incluír gastos de mantemento e funcionamento necesarios para a realización das iniciativas.

Cristina López destacou que «esta liña de subvencións permiten que as distintas asociacións veciñais de Lugo poidan manter a súa actividade ao longo do ano», e engadiu «desde o Goberno de Lugo mantemos o noso compromiso co tecido asociativo local».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.