Este San Xoán deixou nos areais coruñeses un 11% menos de lixo que no 2019

O Concello da Coruña destaca o aumento da recollida de vidro fóra das praias grazas ao dispositivo de control establecido

O servizo de limpeza do Concello da Coruña recolleu durante o dispositivo de limpeza das praias polas celebracións de San Xoán, segundo un primeiro reconto, un total de 86 toneladas de lixo, das que se estima que un 20% son algas presentes nos areais.

En comparación co último ano antes da pandemia, o 2019, o volume de lixo recollido é un 11% inferior, o que evidencia un maior compromiso da cidadanía para evitar deixar desperdicios nos espazos naturais da cidade. Por outra banda, aumentou a recollida de vidro nos puntos habilitados ao longo do Paseo Marítimo. Este ano contabilizáronse 2.300 quilos máis que no 2019. O Concello destaca o servizo de control de entrada ás praias como un dos motivos deste aumento.

Segundo os datos, foi a noite de San Xoán máis limpa en comparación co resto de anos dos que constan estatísticas. O Goberno municipal de Inés Rey organizou un dispositivo sen precedentes que foi apoiado por unha maior concienciación da cidadanía. O Concello agradece a colaboración amosada por todos nesta noite tan emblemática.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.