Estudantes o colexio Albeiros coñecen o funcionamento do Concello de Lugo con Rubén Arroxo

O Tenente Alcalde explicou o funcionamento do concello, e contestou  ás preguntas da mocidade, xunto co edil de Educación Felipe Rivas

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil de Educación, Felipe Rivas recibiron esta mañá no Concello a un grupo de estudantes de 1º de Primaria do Colexio de Albeiros. Na visita, Rubén Arroxo e Felipe Rivas explicaron o funcionamento da administración e o papel da veciñanza nela.

Temas como a mobilidade ou a programación cultural da cidade foron os protagonistas das dúbidas. Arroxo manifestou a súa satisfacción por recibir esta visita no concello, e animou aos centros educativos a visitar o Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.