Éxito na primeira edición da carreira RUNKI

‘A carreira dos superhéroes’ xuntou en A Coruña a 5.000 persoas que participaron na primeira edición desta proba deportiva

O Concello da Coruña acolleu onte a primeira edición da carreira RUNKI, unha proba deportiva que fomenta a inclusión das persoas con diversidade funcional. Os participantes, un total de 5.000, podían participar correndo, andando ou en cadeira de rodas adaptada,
sempre que asistiran disfrazados á cita deportiva. Este é un evento único en España que sitúa á Coruña como referente do deporte adaptado.

A alcaldesa, Inés Rey, participou na proba deportiva así como na entrega de premios. O percorrido, de sete quilómetros en total, comezou ás 10.30 h e atravesou os grandes puntos de interese do centro da cidade, como son o Paseo Marítimo, a Torre de Hércules
o castelo de Santo Antón ou as galerías da Mariña. A liña de meta situouse na praza de María Pita, onde os gañadores e gañadoras da carreira puideron recoller os seus premios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.