Exposición filatélica “Selo a Selo”, dende este venres na Coruña

Este venres as 12.00 h, terá lugar no distribuidor do edificio central de Correos da Coruña, rúa Alcalde Manuel Casás s/n, a inauguración da V Exposición Filatélica denominada “SELO A SELO” organizada pola Sociedade Filatélica de A Coruña e a oficina principal de Correos da Coruña. Esta exposición que será a quinta de este tipo que realizase nesta emblemática localización
A exposición filatélica que comeza o día 10 de xuño ten como fin fomentar a filatelia, esta mostra formase con diferentes coleccións filatélicas da nosa sociedade, que durante tres meses irán cambiando ata o día 31 de agosto.
«Isto fai posible que poidamos ir vendo todas as posibilidades que temos neste mundo tan descoñecido para o gran público, e en especial incitar ós mozos a que descubran o selo e participen nas visitas» destacan dende a Sociedade Filatélica de A Coruña.
A asistencia ao acto está aberta ao público e a entrada a exposición é libre durante os días que permanecerá aberta.
Buenas tardes
Como sería posible poder tener una reunión con el director / Gerente o encargado de la asociacion filatelia de Coruña. Sería para poder mostrar una colección de sellos de Cuba