Formoso: “O modelo de economía social que queremos significa fomentar a cohesión territorial, loitar contra o declive demográfico e pola igualdade de homes e mulleres”

O líder dos socialistas galegos mantuvo un encontro cos representantes do Foro de Economía Social de Galicia -Foroesgal-

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, defendeu hoxe o modelo de economía social, que “queremos fomentar -dixo- porque significa cohesión territorial, loitar contra o declive demográfico e loitar pola igualdade de homes e mulleres”. Así o dixo logo dun encontro co presidente do Foro de Economía Social de Galicia -Foroesgal-, Celso Gándara.

O responsable socialista dixo que “é un modelo no que cremos e que compartimos os socialistas, e no que cren a inmensa maioría dos galegos e das galegas, baseado na cohesión social”. Sinalou que “queremos fomentar [o modelo da economía social] e servir de interlocutores no Parlamento de Galicia e tamén co goberno do Estado e os gobernos municipais e provinciais de Galicia”.

Salientou que representa un “ámbito relevante da economía galega”, que supón unha “porcentaxe relevante do PIB do país”, e que resulta fundamental para os máis de 70.000 traballadores e traballadoras con discapacidade incorporados ao modelo social.

Subliñou a súa importancia para a cohesión social por canto “o 60 por cento dos traballadores e traballadoras están incorporados ao modelo de economía social de Galicia nos concellos de menos de 60.000 habitantes”. Ademais, resulta un elemento fundamental na loita contra a fenda salarial entre homes e mulleres, que é “bastante menor nas empresas incorporadas á economía social que nas sociedades mercantís”.

Transportes

En resposta a preguntas dos xornalistas, o secretario xeral do PSdeG reclamoulle ao goberno galego que exerza as súas competencias para liberar axudas directas aos transportistas complementarias ás medidas do goberno central. Reclama así que o Executivo participe das axudas para paliar a suba de carburantes e o peche da A-6 provocado polo derrubamento do viaduto do Castro.

Cualificou de “xusta e lóxica” a demanda de axudas pola caída da infraestrutura de entrada a Galicia, e sinalou que estas “deben de existir por parte de tódalas administracións, non só do Estado, tamén da Xunta de Galicia”. Emprazou a reconstruír a vía “no menor tempo posible”, e “que se faga co total seguridade” logo de coñecer a causa do derrubamento, que permitirá “determinar responsabilidades civís no seu caso”.

O líder dos socialistas galegos reclamoulle ao goberno galego que “sexa consecuente” e destine a axudas directas o 50 por cento dos 556 millóns de euros de ingresos que percibe Galicia polo imposto aos hidrocarburos. Reclamou así unha liña de axudas aos transportes, e aos sectores de gandería e pesca “tal e como fixemos outras institucións socialistas”.

Lembrou os 5 millóns de euros aportados pola Deputación de A Coruña a estes sectores, que foron liberados nun prazo de “7 horas”, e  que chegarán aos 10 millóns de euros. Sinaloulle ao presidente da Xunta que “ao tempo que lle esixe medidas a Madrid debe de adoptar medidas tamén no ámbito galego”, que sexan “áxiles” para protexer ao sector do transporte, que é “o sangue nas venas da economía”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.