Galicia inviste 1,5 millóns de euros en fondos europeos para a recuperación de dous espazos mineiros en Valdeorras

Trátase de dous dos nove terreos mineiros aos que Galicia vai destinar, en total, 3,6M€ para a súa restauración
Conde asegura que tanto a recuperación de espazos mineiros como a valorización dos recursos xeolóxicos son clave para fomentar a sustentabilidade nesta industria
Destaca que un dos principais obxectivos da Axenda de Impulso da Minería Sostible é facer do sector un aliado estratéxico para a modernización das principais cadeas de valor da industria galega