Inaugurado o mural dedicado ás Mártires de Sofán (Vídeo)

O proxecto de arte pública de Carballo chega á parroquia de Sofán, nunha iniciativa da Concellaría de Participación Veciñal, para materializar a proposta artística de Verónica Ramilo Graña, alumna da escola EASD Pablo Picasso da Coruña, que escolleu ás Mártires de Sofán para protagonizar o seu proxecto final dos estudos de Fotografía, un mural fotográfico no que utilizou unha técnica de arte urbana denominada paste-up para realizar unha composición estilo collage en branco e negro. O 17 de xuño de 2022, en presenza de máis de medio cento de veciñas e veciños, Verónica Ramilo inaugurou o seu mural acompañada polo historiador carballés Xan Fraga e polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.