Jorquera mantén unha reunión cos traballadores do servizo de vixilancia do Kiosco Alfonso e Durán Loriga, que non cobran desde decembro

O BNG xa levara a situación límite do persoal de Mersant Vixilancia ao Pleno de maio

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, mantivo esta mañá unha reunión con traballadores do servizo de vixilancia do Kiosco Alfonso e da Casa da Cultura Salvador de Madariaga da Rúa Durán Loriga, nunha situación límite ao non percibiren os seus salarios desde decembro e na práctica ter desaparecido a empresa concesionaria sen que o Goberno Local licitase o novo concurso.

O BNG levou xa este asunto ao Pleno de maio a través dun rogo oral por medio do cal instaba o Goberno Local a que, con independencia do proceso que leve á sinatura dun novo contrato, garantise que os traballadores percibisen a integridade dos seus salarios.

Alén da cuestión salarial, trátase de que o Goberno Local licite canto antes o concurso para os traballadores saíren da “situación extrema de desamparo” na que se achan. Unha licitación que obviamente leve aparellada a subrogación do cadro de persoal da antiga concesionaria.

Jorquera comprometeuse cos traballadores a continuar insistindo no asunto até que o Goberno Local dea plena satisfacción ás súas xustas demandas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.