Kubo, París de Noia, Panorama e Marbella actuarán nas Festas do Carme de Marín

A un mes do Día do Carme, Marñin xa comeza a ter gañas de desvelar toda a programación que desde o Concello se vén preparando nos últimos meses

A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, asegura que este verán “está pensado para que gocemos de Marín, para que dinamicemos as nosas rúas e que teñamos ocio de distinto tipo durante todas as semanas”.

Aínda así, os días centrais das Festas do Carme sempre recollen unha programación especial. Nesta ocasión, a Gala Xacobeas do 15 de xullo será unha das grandes atraccións, esperándose a asistencia de cerca de 15.000 persoas, pero non será o único gran espectáculo.

Tal e como adiantou o Concello esta mañá, serán varias as orquestas que amenicen as noites do verán deses días. O 11 de xullo, será a Orquesta KUBO; o 13, París de Noia; o xoves 14, Panorama, e o 16, Marbella.

Todos os concertos serán na Praza de España e reavivarán esas ganas de desfrutar da música, das verbenas e do verán que nestes últimos anos non foi posible satisfacer ao cen por cen.

Ademais, Sanmartín adianta que tamén haberá Batalla de Flores Nocturna, que se celebrará o martes, 12 de xullo, polas principais rúas de Marín.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.