Marín presenta un verán para vivilo

“Vive o verán, vive Marín” é o slogan elixido para toda a programación de dinamización que xa arranca desde San Xoán e que estará chea de citas imperdibles ao longo de toda a época estival

O verán en Marín é para vivilo. A nosa vila é para desfrutala, gozala e sacarlle todo o partido. Por iso, desde o Concello, lanzan a programación de dinamización da época estival baixo o lema “Vive o verán, vive Marín”, porque, en palabras da concelleira de Festas, Marián Sanmartín, “temos todos os ingredientes perfectos para desfrutar desta época na nosa vila, cunha programación extensa e intensa na que levamos meses traballando”.

Arrancamos o 23 de xuño, coa celebración do San Xoán, no que xa hai rexistradas máis de 150 cacharelas privadas. A noite máis máxica do ano, ademais, contará co tradicional foleón de Cantodarea e a fogueira pública da Asociación de Veciños de Mogor. A partir de entón, sucéndense as citas.

Así queda a programación do verán.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.