Mercadillo ambulante, todos os mércores en Arbo

Un plan para todos os mercores do mes: Mercadillo popular ambulante en Arbo  onde podes adquirir alimentos, roupa, bisutería, bolsos, zapatos, complementos, roupa de fogar ou curiosidades

O mercado semanal de Arbo ós mércores complementa a actividade diaria do comercio local, dando continuidade a unha tradición existente en toda localidade de celebrar a compra e venda ao aire libre, e favorecendo a que a poboación acceda a outro tipo de produtos; o mercado organízase en dous espazos diferenciados, en base aos seus artigos de venda.

Dun lado, comestibles e produtos básicos na Praza do Mercado,  mentres que, a comercialización de roupa e téxtil, enxoval e fogar, calzado, ornamentación, etc., ocupan a Praza Consistorio. Na Praza de Abastos, podes adquirir peixe, froitas e verduras frescas e  durante toda a maña  poderás degustar un “polbo  á  feira”, que é aceno de identidade de todas as feiras e mercados de Galicia.

Esta actividade celébrase todos os  mércores desde a 8:30 ata as 14:00 horas, sempre que non sexa festivo.  Ven a Arbo, a comprar!!!  Goza do “mercadillo0 tradicional”, Comeza a  maña collendo forzas e almorzando nas cafeterías e na pastelería de Arbo, facer a túas compras no noso comercio local, mercadillo ou praza de abastos e rematar a xornada cun prato de polbo á Feira.

Ademais do comercio ambulante, todos ós días en Arbo contamos coa venta de carne de calidade en carnicerías, froitas, verdura e peixe na Praza de Abastos,  supermercados onde poderás atopar todos as marcas e produtos de primeira necesidade, perruquerías, comercio de roupa, librerías e quioscos, catro almacéns  agrícolas onde podes adquirir todo tipo de produtos para horta, viñas, gandería….

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.