Nace «Vive o Ulla»: unha experiencia turística dun día disfrutando da natureza e a gastronomía das terras bañadas por este río

PATRIMONEA e a axencia de viaxes sostibles RUTEART veñen de anunciar un novo paquete turístico que permitirá disfrutar dalgúns dos segredos mellores gardados do Ulla en tan só un día e a escasa media hora de Santiago de Compostela. Estas dúas empresas siguen apostando polo turismo de proximidade e por innovar con produtos turísticos centrados en zonas rurais que se atopan fóra dos grandes circuítos do sector.

 A experiencia comezará cunha ruta de sendeirismo de 10 km de dificultade baixa que percorrerá un dos bosques de ribeira mellores conservados de Galicia e permitiralle aos participantes coñecer curiosidades como a plantación de viñedos ao estilo Ribeira Sacra nestas terras en tempos pasados. Ao rematar disfrutarán dun xantar en Casa Louzao (Touro).
E xa pola tarde os puntos de interese serán a visita ao Mirador de Pena, un balcón natural dende o que se divisa o Ulla rodeado de frondosidade, e un percorrido guiado polo Pazo de Andeade (S XVIII). Antes de rematar a xornada despediranse nun bar rural da zona que está situado ao lado do Camiño Histórico a Santiago.
Prezos e o modo de inscrición ou no número de teléfono 699680217.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.