O alcalde da Laracha reuniuse cos profesionais do sector do taxi

Entre as cuestións abordadas estivo o sistema de gardas

O alcalde, José Manuel López Varela, mantivo unha reunión no Concello cos profesionais do sector do taxi á que se convidou a asistir a todos os titulares de licencias municipais.

Na xuntanza tratáronse cuestións relativas ao funcionamento do servizo e expuxéronse ideas para melloralo en beneficio tanto dos usuarios como dos profesionais do sector. Entre os temas abordados cabe salientar o sistema de gardas.

No encontro tamén se puxo de manifesto a satisfacción do sector polo resultado do proxecto executado recentemente polo Concello e que supuxo a completa transformación da parada da Laracha. Incluíu tanto a renovación e reorganización da zona de espera dos vehículos como a creación da nova marquesiña na Praza do Concello que está a disposición dos taxistas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.