O BNG de Lugo vota en contra do 5% PXOM “por coherencia, dado que non cambia o fondo do plan xeral de Lugo”

Rubén Arroxo: «Lugo ten que traballar por un modelo de cidade máis sustentábel, acorde á realidade do concello»

As concelleiras e concelleiros do BNG votaron hoxe en contra da aprobación do coñecido como 5% pendente do PXOM. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, explicou que «a militancia do BNG tomamos a decisión de manter neste pleno unha postura coherente co traballo feito realizado desde o minuto 1 da tramitación deste Plan Xeral».

Rubén Arroxo comparou o actual plan xeral cun puzzle de 20 pezas, e explicou que «a totalidade do puzzle prevía un gran crecemento poboacional, cunha estimación de que Lugo contara con máis de 300.000 habitantes aos 10 anos, mais a realidade é que o crecemento poboacional foi de pouco máis de 3.000 veciñas e veciños nos 11 anos e medio que pasaron», explicou na intervención no pleno. Arroxo continuou a explicación do voto do BNG, afirmando que «a peza do puzzle que caeu, o 5%, continúa a formar parte dun proxecto de cidade que non compartimos».

Arroxo afirmou que «continuaremos a apostar por un modelo de cidade sustentábel, que vaia da man coa realidade do Concello, e que sexa verdadeiramente útil para as veciñas e veciños de Lugo».

Rubén Arroxo trasladou que o BNG valora positivamente parte das modificacións introducidas no proxecto que se votou hoxe, mais afirmou que «os cambios puntuais non cambian o conxunto do Plan Xeral, que desde o BNG seguimos calificando como alonxado da situación actual da cidade».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.