O BNG impulsa unha moción para facer cumprir os dereitos laborais do SAF en Vilalba

Defende o incremento salarial nun 6,5% segundo o convenio actual

O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba presenta unha moción na que se solicita a revisión das condicións de traballo das traballadoras e traballadores do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

A moción demanda ao pleno do Concello de Vilalba a que inste tanto á Xunta de Galiza como ao goberno municipal a mellorar as condicións contractuais e velar polo cumprimento do convenio colectivo do SAF. Neste último caso, demándase aboar ás traballadoras e traballadores un incremento salarial do 6,5%, dereito recollido neste acordo laboral.

Mónica García, responsábel local do BNG en Vilalba, declarou “o Servizo de Axuda no Fogar é un servizo esencial, débese cumprir cos seus dereitos e valorizar o seu traballo como merecen, polo que desde o BNG impulsamos esta moción xa que hai que dignidicar e defender este servizo”.

A responsábel nacionalista destacou que os acordos laborais do Convenio Colectivo de Atención ao Fogar teñen a obriga de cumprirse “o Concello de Vilalba debe facer cumprir á empresa adxudicataria con estes acordos laborais, é parte dos pregos de condicións do servizo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.