O BNG mostra o seu apoio ás traballadoras da Conserveira Albo en Celeiro

O deputado Daniel Castro solicita da Xunta a súa implicación para manter a actividade da conserveira en Celeiro

Unha representación do Bloque Nacionalista Galego acompañou hoxe ás traballadoras da Conserveira Albo en Celeiro na manifestación que discorreu desde a fábrica ata a estatua de homenaxe á Xente do Mar. A portavoz municipal Miriam Bermúdez, o responsable comarcal Antonio Veiga e o deputado mariñao Daniel Castro entrevistáronse coas traballadora e Castro avanzou a presentación dunha iniciativa no Parlamento para instar á Xunta a implicarse neste problema para atopar solucións.

Para o Bng a mobilidade xeográfica que propón a empresa non é unha alternativa válida para a gran maioría das traballadoras á que se lles traslada o centro de traballo a 270 km do seu domicilio.

“Son 42 persoas, a inmensa maioría mulleres,  o que provocará un agravamento do desemprego femenino , pois a dificultade de reinserción no mercado laboral para as traballadoras desta conserveira é grande” afirmou Daniel Castro, que tamén se referíu a situación do emprego na comarca, donde na última década se perderon mais de mil empregos directos, agravado recentemente polo peche de Vestas, tamén en Viveiro e a situación de incerteza en Alcoa.

Por todo esto, os nacionalistas instarán  á Xunta e ás Consellerias de Economía, Industria e Innovación e a de Promoción do Emprego e Igualdade a que tomen parte na solucion deste conflito para conseguir a continuidade da actividade na fábrica de Celeiro e mantendo todos os postos de traballo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.