O BNG presenta alegacións ao proxecto de parque eólico Paradela

Este parque afectará á parroquia de Castro de Rei de Lemos

O Bloque Nacionalista Galego presenta alegacións polo proxecto do parque eólico Paradela.

Este parque eólico afectará principalmente aos lugares da parroquia de Castro de Rei de Lemos. Como son: Portocarreira, Abelleiroá, Bariz, Bacorelle, Casanova, Vilachá, Uceira Branca, Val do Couto, As Bustaregas, A Enxamea, San Martiño, Cereixido, Edrada, Zouro e Carballedo.

O BNG inicia este procedemento, xunto coa veciñanza afectada, para frear o boom eólico depredador e especulativo das grandes empresas enerxéticas. A posíbel construción do parque eólico Paradela afectará en moitos aspectos socioecónomicos á veciñanza destes lugares, sobre todo polo impacto ambiental, o ruído, a incidencia no patrimonio natural e o freo á actividade agrogandeira e forestal da zona.

O Bloque aposta pola participación pública das enerxías renovábeis tanto na súa promoción como na explotación, cun modelo feito e desenvolto en Galiza. Este modelo permite protexer os espazos naturais, garantindo a súa sustentabilidade. Ao que tamén, proporcionaría que os beneficios xerados poidan reverter nas galegas e galegos co impulso dunha tarifa eléctrica galega que abarate o prezo da luz.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.