O BNG presentará alegacións ao parque eólico Levante

Este parque eólico afecta aos concellos de Triacastela, As Nogais, Becerreá, Baralla, Baleira e Pol

A deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil, anunciou que o BNG presentará alegacións a diversos proxectos eólicos que se están a desenvolver nas terras e comarcas de Lugo.

«As grandes corporacións enerxéticas continúan a espoliar os nosos recursos, mentres nós estamos a pagar a factura máis cara» declarou a deputada Olalla Rodil, no que sinalou «de cada 100 euros de xerados só 5 euros reverten na veciñanza, isto ten que cambiar, é un roubo»

Neste senso, Olalla Rodil destacou a situación do parque eólico Levante, o que afectará aos concellos de Triacastela, As Nogais, Becerreá, Baralla, Baleira e Pol.

«Este proxecto afecta a milleiros de persoas que viven e traballan do campo ou noutras actividades directas co territorio, cunha afección directa no Camiño de Santiago e graves impactos na contorna natural, como o propio nacemento do río Eo» explicou Rodil

Olalla Rodil fixo fincapé en que este proxecto eólico competente do Estado está a ocasionar unha grave preocupación na veciñanza afectada «o Goberno debe escoitar as consideracións da veciñanza afectada a que está moi atemorizada polos impactos que pode ocasionar, tanto medioambientais como económicos, sobre todo polo peso da actividade agro gandeira»

O BNG aposta por un novo modelo, pensado desde Galiza no que se protexan os espazos naturais e que os beneficios producidos pola produción revertan nas galegas e galegos, como por exemplo, a aplicación dunha tarifa eléctrica galega que abarate o prezo da luz.

Mobilización social «Temos Alternativa: enerxía xusta e sustentábel»

Olalla Rodil animou a participar na mobilización deste 5 de xuño en Compostela na convocatoria da coordinadora Eólica Así Non.

«Convidamos a participar na mobilización das plataformas sociais de Galiza para dicir alto e claro que outro modelo enerxético é necesario e posíbel, un modelo que sexa participativo e para que os beneficios retornen en nós, e non nos petos de catro multinacionais» declarou Rodil

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.