O Concello de Lugo realiza adaptacións en beirarrúas de distintos puntos da cidade

Alexandre Penas: «Continuamos a traballar para favorecer a accesibilidade en toda a cidade»

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas anunciou que vén de comezar unha nova intervención para mellorar a accesibilidade na contorna da Avenida da Coruña. Alexandre Penas explicou que «con esta actuación mellorarase a altura dos rebaixes dos pasos de peóns, adaptacións específicas para garantir que as persoas con mobilidade reducida poidan circular pola vía pública sen barreiras».

A concellería de Infraestruturas Urbanas realizou nos últimos anos en preto dun cento de rúas espalladas por toda a cidade. Penas explicou que «ademais de realizar máis de 50 pasos de peóns elevados, que garanten que o cruce sexa a cota 0, nos últimos anos actuamos nun importente número de pasos de peóns para mellorar os rebaixes».

Alexandre Penas lembrou que «desde a concellería de Infraestruturas traballamos nos distintos barrios da cidade, mellorando a estética da zona e as condicións de vida da veciñanza, e planificando o traballo segundo as solicitudes das veciñas e veciños».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.