O Concello de Vilalba saca a licitación as obras para renovar e humanizar a Travesía da Ferrería

O Concello de Vilalba sacou a licitación as obras para renovar e humanizar e renovara travesía da Ferrería, que comunica e fai de eixe entre a rúa das Pedreiras e a rúa da Ferrería. O investimento nesta actuación supera os 120.000 euros

É un punto importante no casco urbano de Vilalba, xa que na rúa das Pedreiras hai equipamentos como o auditorio municipal, e a rúa da Ferrería ten abundante tráfico pola cercanía do acceso á autovía A-8.

A actuación consistirá en transformar a actual calzada nun espazo de plataforma única cun ancho medio de paso de vehículos de 3,30 metros, continuando cunha dirección única na rúa.

Para mellorar a imaxe da rúa, utilizarase adoquín de xunta verde no chan apto para o tráfico lixeiro, e adoquín convencional nas zonas máis próximas ás vivendas, creando unhas plataformas de zona limpa para o acceso ás mesmas.

Ademais, aproveitando os quiebros da rúa proxectaranse nas zonas máis abertas espazos de descanso coa incorporación de zonas verdes, árbores e asentos. Á marxe das obras, executaranse na travesía da Ferrería novas instalacións de saneamento, alumeado, abastecemento, gas natural e telecomunicacións.

“Damos con esta actuación un paso máis no proceso de renovación e humanización de varias rúas e prazas do casco urbano, cun novo concepto de entender o urbanismo, cunha plataforma única e dándolle máis protagonismo aos peóns”, asegura o concelleiro de Infraestruturas, Luis Fernández.

É de novo un proxecto do Concello de Vilalba feito baixo criterios de sustentablidade, calidade urbana, accesibilidade, seguranza e mellora ambiental, adoitando os últimos estándares europeos para os novos espazos urbanos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.