O GALP Golfo Ártabro Sur convoca o I Concurso online de fotografía “Ollando cara ao mar”

Os interesados poden participar con ata 5 imaxes da zona costeira da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada

Coincidindo co Día Mundial dos Océanos, o GALP Golfo Ártabro Sur convoca o I Concurso online de fotografía dixital “Ollando cara ao mar” que ten por obxectivo poñer en valor o seu territorio de actuación a través de todas as miradas e sensibilidades. Así mesmo, en liña con esta efeméride da ONU, a entidade tamén quere recordar o importante papel dos océanos na nosa vida cotiá e na xeración de riqueza. Son os pulmóns noso planeta, unha fonte importante de alimentos e de medicinas e unha parte fundamental da biosfera.

Durante case dous meses, desde hoxe 8 de xuño, e ata o 27 de xullo, os interesados poderán enviar ata un máximo de 5 imaxes dixitais tomadas en calquera punto do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur, que abarca os concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada. En total, uns 80 quilómetros de litoral.

As fotografías deben gardar relación co ámbito costeiro: pesca, zonas portuarias, embarcacións, oficios do mar, acuicultura, arquitectura costeira, praias, paisaxes emblemáticas, natureza, etc. Deberán ser inéditas, orixinais e non ter sido premiadas en otros concursos. Outros requisitos técnicos é que teñan un tamaño mínimo 1280 x 972 píxeles e 300 ppp de resolución.

A votación realizarase en aberto no Facebook do @galpartabrosur entre o 1 de agosto ata o 17 de agosto ata as 13.00h, resultando gañadora a que sume máis “gústame”. O fallo do concurso publicarase na páxina web do GALP Golfo Ártabro Sur, nas súas redes sociais e comunicarase por correo electrónico ao gañador.

Tres premios para gozar co ocio náutico Os tres galardóns do concurso están patrocinados polas empresas de ocio náutico locais Cadenote, Altavela e Escola Náutica de Sada (ENSA). Así, o primeiro premio será un curso de vela práctico na ría de Betanzos para unha persona, que consiste en 4 salidas en veleiro cunha duración de 3 horas cada unha.

O segundo será unha excursión, tamén en en veleiro polo litoral do Golfo Ártabro para 2 persoas de 3 horas de duración. O último e terceiro premio será un bautismo de vela tamén polo noso litoral para unha persoa.

Consulta aquí as bases legais

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *