O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo envía ao alcalde unha proposta de declaración institucional contra o proxecto do parque eólico de Carboeiro

Os socialistas de Arteixo, tal e como se comprometeran publicamente, enviaron aos voceiros dos grupos políticos con representación no concello de Arteixo unha proposta de declaración institucional pedindo ao goberno galego que denegue a proposta de autorización do parque eólico de Carboeiro e a declaración de utilidade pública do proxecto sectorial, necesaria para a expropiación das propiedades da veciñanza arteixá.

Nesa declaración institucional tamén inclúen a petición do compromiso do concello para levar a cabo canta iniciativa administrativa ou xudicial sexa necesaria para poñerlle freo e este parque.

Por outra banda, a voceira do grupo municipal, Patricia Boedo, diante do que os socialistas consideran un intento do alcalde de confundir á cidadanía cun decreto do goberno central que non afectaba á tramitación dos parques que se están a planificar no concello, pregúntalle ao alcalde Calvelo que ten que dicir sobre a noticia aparecida esta semana tralo derradeiro Consello da Xunta, onde o presidente Rueda anunciaba a utilización da recente Lei de Áreas Empresariais da administración autonómica, para declarar a excepcionalidade e polo tanto, unha tramitación prioritaria, de dous parques eólicos da empresa Greenalia.

“Cómpre lembrar que a ex conselleira do PP ex compañeira no goberno do señor Rueda, Beatriz Mato, forma parte do consello de administración de Greenalia e que esa tramitación permite a súa execución fóra das áreas do Plan Sectorial eólico de Galicia” sinala Boedo.

Foto portada. Patricia Boedo, portavoz socialista concello de Arteixo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.