O peche do zoo de Vigo, unha débeda pendente que chega ao seu fin

EeA Rías Baixas – Vigo manifestan a súa ledicia pola reconversión do modelo zoolóxico vigués a un proxecto educativo

Ecoloxistas en Acción Vigo agradece que, por fin, logo de anos de denuncias polos incumprimentos reiterados no recinto zoolóxico, o concello de Vigo decida a recorversión dun espazo que atentaba ao benestar animal e á falla de ética que, na actualidade, conleva o mantemento destes lugares.

O incumprimento da Directiva sobre parques zoolóxicos alertou, hai moitos anos, a distintas organizacións que traballaron para evidenciar a necesidade de desmantelar o zoo vigués. A Directiva esixe que se efectúen inspeccións por parte do órgano competente da Comunidade autónoma para asegurar cos animais viven en situacións axeitadas e que os parques zoolóxicos contribúen a obxectivos de educación e conservación.

No ano 2007 a Comisión Europea abría un expediente a España porque once Comunidades autónomas, entre as que se atopaba Galicia, incumprían reiteradamente o mandato da norma. Por iso, un ano despois en vista do caso omiso que fixo o Estado, Europa envía un dictámen motivado antes da imposición dunha multa por incumprimento legal. Pese a esta situación, o concello vigués celebra o 40º aniversario do zoo no ano 2011 con diversas irregularidades no expediente: cuestionamento da tenencia de licenza municipal de actividade, titularidade dos terreos onde se asenta que reclamaba a comunidade de montes de Teis, instalacións pechadas ao público por falta de autorización ou o incumprimento da normativa que avala o envío de información ambiental.

Eran moitas as voces que esixían a clausura do zoo pola falta de seguridade e conservación. «Agora, por fin, podemos considerar finalizada unha etapa de crueldade de cara aos animais e de seguridade para as persoas visitantes a un espazo ilegal», din as ecoloxistas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.