O pleno municipal de Lugo aproba a proposta do BNG para mellorar as condicións laborais do SAF

Cristina López: «Este servizo esencial permite proporcionar atención e as tarefas necesarias para que moitas persoas poidan garantir a súa calidade de vida»

O pleno municipal celebrado hoxe aprobou a proposta do BNG na que se reclama a mellora nas condicións laborais das traballadoras e traballadores do Servizo de Axuda no Fogar. «Os servizos públicos garanten que a veciñanza poida contar con ferramentas que fagan a vida máis doada», explicou a concelleira do BNG, Cristina López, engargada de defender a proposición no pleno.

O texto proposto polo BNG, que foi apoiado pola maioría da corporación municipal, insta á Xunta de Galiza a asumir a súa competencia neste servizo, mediante a creación dun sistema público e galego de coidados, que garanta o dereito dunha vellez digna a toda a poboación. Ademais, reclama que o goberno galego traballe xunto coas organizacións sindicais e as empresas, garantindo o cumprimento do convenio colectivo do sector da atención a domicilio, cumprindo co incremento salarial do 6,5% ás traballadoras e traballadores deste servizo.

«As traballadoras do SAF levan loitando moitos anos pola súa profesionalización e contra os abusos das empresas concesionarias», declarou Cristina López, que engadiu, «é de dereito recoñecer e facer efectivos os convenios do sector, e avanzar na mellora das condicións laborais das traballadoras e traballadores deste servizo esencial».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.