O polideportivo da Gándara acollerá este sábado “XXVIII Torneo Cidade de Narón de Balonmán”

O concelleiro de Deportes, José Oreona, presentou con Rubén Fernández e Alejandro Basoa, presidente e vogal respectivamente do Club Balonmán Narón, o “XXVIII Torneo de Balonmán Cidade de Narón”. O evento terá lugar este sábado, día 11, no pavillón polideportivo da Gándara, en horario de mañá e tarde, tal e como avanzou Oreona, que animou á cidadanía a acudir a esta cita deportiva, na que participarán uns 150 deportistas de cinco clubs

Dende a organización valoraron o compromiso do Concello co deporte en xeral e co balonmán en particular e avanzaron que o torneo dará comezo ás 10.00 horas. Participarán ademais do equipo anfitrión, o Balonmán Narón, os do Tirso de Molina, de Ferrol, o BM Pontedeume, o BM Xallas e o BM Brigantium. A primeira hora xogarán os catro equipos de alevíns en dúas pistas a mini balonmán, nun formato de “todos contra todos”. Os cadetes xogarán ás 12.45 e a entrega dos trofeos matinais está prevista para as 14.30 horas aproximadamente.

Pola tarde retomarase a competición ás 17.30 horas, cos equipos Senior masculino, para continuar ás 20.00 cos Senior feminino e rematar o evento sobre as 22.00 horas.

O edil de Deportes, José Oreona, desexou moita sorte neste torneo ao equipo local e agradeceu o traballo que desenvolven ao longo do ano para fomentar esta modalidade deportiva na cidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.