O PP asegura que “o sistema que usa a Deputación de Lugo para xestionar as súas residencias, tal como o aplica, é o peor para as traballadoras”

Os populares sinalan que na aplicación do modelo que usa a institución provincial para a xestión das residencias “se protestas bótante fóra e bótanlle a culpa á empresa, pero todos sabemos quen está detrás”

O portavoz popular, Javier Castiñeira, considera que na versión aplicada polo socialista Tomé “hai traballadoras de segunda, como son as contratadas pola empresa, e traballadoras de primeira, que son as da Deputación de Lug

Castiñeira pregunta a Tomé se é este o modelo de xestión social que presentou recentemente ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez

Os populares indican que “estamos a ver que en moitos casos quen sofre os agravios laborais son os traballadores e traballadoras das empresas contratadas”

O portavoz popular en Trabada, José María Fernández, acusa á alcaldesa, Mayra García, de que “fronte aos problemas, escóndese, non dá a cara; a súa obriga é explicar que está pasando, facer fronte aos problemas e solucionalos”

En Castroverde, o voceiro do PP, Rubén Otero, pedirá a comparecencia no pleno da concelleira responsable dos asuntos sociais para que explique por que non funciona o centro de día na residencia da terceira idade e os problemas no SAF

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.