O PP de Láncara esixe ao socialista Darío Piñeiro que corrixa as deficiencias na prestación do Servizo de Axuda a Domicilio

Un dos servizos máis importantes que se prestan aos cidadáns é o de Axuda no Fogar (SAF), especialmente relevante nunha provincia con poboación moi envellecida. Por iso, o portavoz do PP en Láncara, Santiago Cubillas, esixe ao alcalde, Darío Piñeiro (PSOE), que adopte as medidas oportunas para subsanar as deficiencias no funcionamento deste servizo, que son moitas, á vista das queixas das persoas que o reciben. As protestas dos usuarios diríxense contra a organización do servizo, non ao traballo das empregadas, cuxa calidade destacan.

Segundo as queixas de usuarios do SAF que chegan ao grupo municipal do PP, hai veces que non se dá servizo (non vai o empregado) e tampouco se avisa e, polo tanto, as familias non se poden organizar (conciliación). Non é un problema menor, o feito de que, segundo aseguran algúns usuarios, os fins de semana no hai un interlocutor válido coa empresa que presta o servizo.

O popular Cubillas di que, á vista das deficiencias que expoñen os beneficiarios do servizo, o alcalde ten moito traballo por diante para que o SAF funcione como debe funcionar. E así as cousas, Cubillas lanza ao alcalde esta pregunta: “Por qué está máis preocupado o alcalde por vixiar as traballadoras do SAF en lugar de preocuparse pola calidade do servizo que se presta?

No PP din que é esixible “responsabilidade ao goberno local, que está máis pendente das traballadoras agora que o servizo está contratado a unha empresa que cando o prestaba directamente o Concello”. Cubillas indica que asegurar a calidade do SAF “si que é competencia do alcalde  e non denunciar ex empregados de baixa”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.