O PP de Vilalba urxe ao goberno local a programar actuacións de mellora nas pistas municipais

A voceira do Grupo Municipal Popular, Sandra Vázquez, urxe ao goberno local vilalbés a programar canto antes actuacións de mellora nas pistas municipais ante o seu mal estado. “Nesta época do ano, tiñan que estar xa en marcha as obras de mellora do pavimento aproveitando o bo tempo porque este tipo de actuacións débense realizar en condicións climatolóxicas favorables. Este é un exemplo máis da falta de previsión e xestión por parte deste goberno socialista”.

Os populares teñen xa advertido do mal estado da rede viaria en numerosas ocasións. No pleno celebrado a finais do mes de xaneiro, o Grupo Municipal Popular defendeu unha iniciativa dirixida a planificar a reparación e o mantemento das pistas que contou co voto en contra do grupo socialista. Ante a súa falta de actuación ao respecto, os populares volveron manifestar durante a sesión plenaria da corporación a necesidade de acometer traballos de mellora nas estradas; pero “fixéronnos caso omiso. Se tomaran nota e se puxeran a traballar, agora podíanse estar a facer esas labores”.

Pista municipal na Torre

O Grupo Municipal Popular volveu reiterar no último pleno a súa petición para que “o Concello arranxe de maneira urxente as diferentes pistas das parroquias que se atopan nun estado lamentable”. Despois de que o señor Fernández teña anunciado un millón de euros para o rural, urxen ao goberno local “a poñer canto antes ese orzamento a disposición da mellora das pistas”.

Planificación fronte á falta de previsión do goberno socialista

Tendo en conta a extensión da rede viaria municipal, Vázquez entende que se debe elaborar un plan para determinar prioridades á hora de actuar nas estradas. “Sería moi importante ir actuando de forma progresiva e sen esquecer traballos de mantemento coma o bacheo en puntos onde o firme comece a deteriorarse. Isto  evitaría que a situación se agravase e, polo tanto, ter que realizar unha intervención maior: hai que actuar cando comeza a poñerse mal, para evitar que vaian a peor”.

Pista municipal en Distriz

A popular condena, polo tanto, “a ineficacia e falta de previsión que xa é habitual con este goberno socialista -acumula contratos caducados, perde subvencións doutras administracións, deixa aspectos da organización do FIV para o último día…-”.

Pista municipal en Árbol

Portada. Pista municipal en Vilapedre

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.