O PP de Xermade advirte do abandono das depuradoras municipais por parte do goberno local socialista: “están no esquecemento”

O Grupo Municipal Popular de Xermade volveu chamar a atención do equipo de goberno, unha vez máis, en relación ao abandono das depuradoras do Concello: “están no esquecemento”. O voceiro, Antonio Riveira, condena, polo tanto, “a falta de sensibilidade ambiental por parte do goberno local ao que non lle importa o tratamento de depuración que se produce nas instalacións municipais”.

Riveira pon como exemplo deste abandono o recinto da depuradora de Roupar de Abaixo onde se aprecia herba alta e maleza que evidencia falta de atención dende fai varios meses, “o que demostra que non é certo que o goberno facía mantemento periódico e se revisaban as depuradoras, tal e como respondían ás nosas preguntas en diferentes plenos dos últimos anos”.

O voceiro preguntou cando foi a última revisión e limpeza dos filtros e por que non hai un programa de mantemento e limpeza das depuradoras “que garanta o seu correcto funcionamento e evite a contaminación das augas dos nosos ríos”.

Pista de Castrorramil

O Grupo Municipal Popular de Xermade tamén esixiu explicacións ao goberno local por deixar sen rexenerar a pista municipal ata o núcleo de Castrorramil, na parroquia de Momán, aproveitando as actuacións na mesma pista, no lugar do Campo.

Os populares reclaman, igual que os veciños, a mellora da pista ata a zona próxima ás casas de Castrorramil e, incluso, ata un punto máis avanzado en dirección á Zaipa debido ao mal estado que presenta a vía. De feito, para os populares “non ten moita lóxica que non se procedera á súa rexeneración, parando os traballos un pouco antes”.

Concretamente, o voceiro preguntou cal foi a razón de facer a mellora ata un punto determinado e non acondicionar toda a pista  e para cando ten previsto acondicionar o vial que discorre entre as edificacións de Castrorramil.

Foto portada. Depuradora Roupar de Abaixo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.