O PP faise eco das queixas veciñais en Meira pola ubicación lonxe do centro urbano dun aparcadoiro financiando con fondos da Deputación Provincia

Os populares destacan que os terreos foron adquiridos no seu momento por un goberno local do PP e estaban previstos para uso deportivo

O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, destaca que no PP “hai descontento por ver como ás veces se tiran os cartos provincias en obras que entendemos que van ter pouco uso”

No PP cren que non é de recibo pavimentar con formigón unha ampla superficie nunha zona que é Reserva da Biosfera, está ao pé do río e moi cerca dun parque

Os populares consideran que para moitos residentes no entorno da vila que acoden a comprar en Meira resultará moi incómodo ter que cargar con bolsas durante 600 metros para chegar ao aparcadoiro

 O portavoz popular, Carlos Veiga, propuxo no seu día acondicionar o aparcadoiro en terreos moi próximos ao centro urbano

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.