O PP insta ao goberno provincial a apoiar á Xunta na súa demanda ao Goberno de que transfira as competencias en materia de xestión do litoral

Os populares din que “o Goberno central leva anos prexudicando os intereses das persoas que vivimos na costa; agora pretende, como figura no borrador da lei, liberar a costa da acción humana, algo que é absolutamente irracional”

 O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, destaca que “no novo regulamento son moitas as edificacións existentes que se ven afectadas pola modificación dos prazos das concesión e outras, como a explotación acuícola que hai proxectada en Burela, que colgan dun fío polo escaso interese do Goberno”.

Os populares din que “a Xunta de Galicia está loitando por facilitar a convivencia entre as persoas e a natureza da costa, sempre con respecto e coidando os recursos, pero con dilixencia e determinación para  que a costa siga sendo un dos mellores valores e potenciais que ten a nosa provincia”

No PP esperan no pleno de mañá o apoio de todos os grupos á súa moción “porque están en xogo moitos intereses; o litoral na provincia de Lugo é importante a pesar de que esta Deputación non o  demostra, porque este presidente ten moi pouca consideración por una das zonas máis importantes da nosa provincia”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.