O PP lucense pecha o curso político coa conferencia de Vázquez Taín sobre redes sociais dentro do #EspazoAbertoPopular

O PP da provincia de Lugo pecha o curso político cunha nova conferencia do #EspazoAbertoPopular co que pretende abrir o partido á sociedade lucense e á participación cidadá. Foi o xuíz José Antonio Vázquez Taín o encargado de falar sobre un tema de actualidade como son as ‘Redes sociais: entre a liberdade de expresión e o delito’ nun interesante relatorio que pronunciou na sede de Afundación de Lugo ante numerosos asistentes.

O PP da provincia amosou, unha vez máis, o seu compromiso coa búsqueda de ferramentas útiles para a sociedade lucense nun contexto de cambios constantes. “Queremos ser un instrumento de apoio e de colaboración e escoita constante”, manifestou a presidenta, Elena Candia. Nesta ocasión, a conferencia serviu para analizar con familias e profesionais da educación o impacto das redes no noso entorno.

Esta nova conferencia súmase ás distintas actividades de interese social e cultural  que o Partido Popular da provincia de Lugo desenvolve periodicamente. Dentro do #EspazoAbertoPopular achegáronse a Lugo a consultora de neurocomunicación Marta Pinillos; o economista Daniel Lacalle; o catedrático e exdirector do Instituto Nacional de Administración Pública, Manuel Arenilla; ou o profesor universitario e investigador Enrique José Varela Álvarez.

En escoita permanente coa sociedade e os afiliados

O PP da provincia de Lugo desenvolveu nos últimos meses diferentes actividades co obxectivo de estar máis preto dos lucenses e coñecer de cerca as súas necesidades e intereses para tratar de darlles solución. Con ese obxectivo, o PP lucense tense reunido con representantes de diversos sectores económicos, coma gandeiros ou pescadores, e de distintos colectivos coma asociacións de veciños ou a federación de Anpas lucense. Tamén se ten achegado a coñecer proxectos empresariais vencellados ao noso rural e a súa posta en valor, ten apoiado as reivindicacións dos traballadores para o mantemento da actividade industrial na Mariña e defendido moitas iniciativas nas diversas institucións a favor do avance da provincia e da mellora constante dos servizos aos veciños e veciñas.

E, por suposto, tamén ten celebrado e continúa coa súa rolda de reunións cos afiliados das distintas agrupacións locais e mesmo en moitas delas, trala celebración do congreso provincial, tamén se teñen celebrado os congreso locais nos que se elixiron as novas directivas de cara á conformación das candidaturas das eleccións municipais do vindeiro ano 2023. Convencidos de que os Concellos e a Deputación precisan un goberno do Partido Popular, a formación lucense  continúa traballando e velando polos intereses dos lucenses.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.