O PSdeG-PSOE de Touro denuncia o mal estado dos parques infantís e zonas de lecer

Os socialista de Touro solicitaron o amaño de parques, xogos infantís e pistas deportivas, ademais da posta a punto e continuado mantemento, de todas as zonas de lecer do Concello
“O goberno municipal de Touro ten os parques infantís condenados a un estado lamentable e cun nivel de deterioro que comeza a ser alarmante” afirma a voceira socialista Gemma V, López.
“Os coidados dos espazos lúdicos e de lecer corresponden ao equipo de goberno municipal sempre, por iso parécenos inadmisible que neste Concello sexan as veciñas e veciños quen leven a cabo a labor da limpeza dos mesmos”.
Un Alcalde e cinco Concelleiras e Concelleiros con nula capacidade de xestión non son quen de manter os espazos públicos e bo estado de conservación engade a representante socialista.
O grupo municipal socialista leva anos reclamando a obrigatoriedade da posta en valor e o mantemento axeitado das zonas de lecer para as rapazas e rapaces nas diferentes parroquias de Touro.
“O desleixo ao que o equipo de goberno somete á veciñanza e deplorable a sua falla de ética cando non asumen a inanición que arrastran e culpabilizan dela ao persoal do Concello”.
A esixencia da representante socialista pasa por que no menor tempo posible sexan adecentadas estas zonas tan necesarias para as veciñas e veciños.
“Non nos vale cun simple lavado de cara a golpe de mata” remata a Concelleira Socialista.