O PSdeG-PSOE de Touro insta a colocar a bandeira LGTBI na fachada do concello

A voceira do PSOE no Concello de Touro, Gemma V. López pediu que a bandeira arco da vella, símbolo do colectivo LGTBI, colgue na fachada principal do Consistorio

A edil lembra que estamos a pique de entrar na semana do orgullo LGTBI, unha semana de reivindicación de igualdade de dereitos para todos e todas, na que piden que se poña fin á discriminación por razón de orientación sexual ou identidade de xénero.

As e os socialistas aseguran que un simple xesto “di moito de nós como sociedade”, e que colgue a bandeira arco da vella na Casa do Concello “sería un motivo máis para sentirnos un Concello máis comprometido e máis xusto” e faría que Touro fose «un concello orgulloso cheo de cores e non un concello en branco e negro».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.