O PSOE lexisla con «Orgullo»

Despois de celebrarse o multitudinario nomeamento la nova Executiva das XSG da Coruña, a primeira campaña do equipo de goberno centrouse no mes do Orgullo. Neste caso, o slogan «O PSOE lexisla con orgullo» reflicte á perfección o corazón da iniciativa, que evidencia como o Partido Socialista é o adaíl dos avances LGTBI.

O Secretario Xeral das xuventudes herculinas, Eduardo Astray, manifestou que «cando o PSOE está no goberno a sociedade progresa en dereitos e liberdades, aínda queda moito por avanzar, pero nós fixemos de España uns dos mellores países do mundo en materia LGTBI».

A necesidade de concienciación e divulgación en torno á liberdade sexual e identificación é sempre importante, pero máis en Galicia, onde as agresións LGTBIfóbicas non para de aumentar sen que as autoridades populares da Xunta poñan remedio.

De feito, fai case un ano dende o terrible morte de Samuel na nosa querida Coruña, polo que todo o que poidamos facer para acabar con estes delitos de odio é pouco. A Secretaria de Igualdade, Paula García expresou que «xa pasou case un ano da morte de Samuel, sen embargo, aínda estamos doentes do acontecido. É máis, fai soamente unhas semanas, nas festas dos Rosales, outra agresión homófoba manchou a historia da nosa cidade, o  que reflicte de novo a imperativa necesidade de non parar a loita»

Queda moito por facer para seguir progresando en igualdade de dereitos, pero sen perder de vista que o obxectivo aínda está lonxe, podemos estar realmente orgullosos do país no que vivimos, que é paradigma internacional de lexislación progresista no ámbito LGTBI.

O cartel de campaña destaca algunhas das maiores conquistas que o PSOE fixo para rematar coas discriminacións coas que vivíamos con total naturalidade. O matrimonio igualitario, a Lei Zerolo ou a LGTBI son parte das vitorias que, xunto con activistas e militantes, logramos aprobar no Parlamento. A sociedade española acolleunas con algarabía e cremos que non está disposta a dar un só paso atrás.

A nosa organización está fortemente comprometida con seguir traballando xunto a tódolos estamentos e institucións para acadar unha igualdade real. Non podemos entender como alguén pode atacar a outra persoa por ser diferente, a diversidade é unha das armas máis importantes que temos na nosa sociedade, a unidade non significa uniformidade, e cremos que a abafadora maioría dos galegos e galegas estamos a carón minorías, da igualdade e, polo tanto, dos dereitos LGTBI.

Porque esta é #AMocidadeQueMereces

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.