O Sindicato Nacional de CCOO denuncia a falta de vontade política para descender ao pecio do Villa de Pitanxo

Ao tempo que o Goberno de España escatima medios técnicos e negase a recibir as familias das vitimas, o Instituto Español de Oceanografía emprenderá unha expedición para investigar durante tres meses en augas de Terranova

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia denuncia a falta de vontade política para descender ao pecio do Villa de Pitanxo, afundido hai máis de tres meses en augas de Terranova (Canadá). O sindicato defende a importancia desta actuación porque pode ofrecer información fundamental para a investigación das causas da maior traxedia da pesca galega no último medio século (nove mortos e doce desaparecidos).
Ao tempo que o Goberno de España escatima medios técnicos e negase a recibir as familias para explicarlle a situación, o Instituto Español de Oceanografía emprenderá este domingo 5 de xuño, unha expedición no buque Vizconde de Eza, con fins de investigación nas mesmas augas en que afundiu o pesqueiro con base en Marín. En colaboración co Instituto de Investigaciones Marinas e co Instituto Português do Mar e da Atmosfera, a entidade oceanográfica estará tres meses en Terranova, do que se desprende un importante investimento en medios técnicos, humanos e loxísticos que tamén se poderían ter aproveitado para unha incursión ao pecio do Villa de Pitanxo.
O buque oceanográfico B/O Vizconde de Eza, construído para a antiga Secretaría Xeral do Mar (actual Secretaría Xeral de Pesca), é unha aposta do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para analizar e avaliar o estado dos mares e está especializado na procura de novos caladoiros en augas profundas, aínda que realiza en termos xerais campañas de investigación: Polas súas características, o Vizconde de Eza, de 53 m de eslora e 13 m de manga, é un dos buques de investigación pesqueira e oceanográfica máis sofisticados do mundo. O seu sistema de posicionamento dinámico é único en España e permítelle permanecer nun mesmo punto sen variar a súa posición, compensando as condicións adversas de ondada, correntes ou vento. O seu casco, reforzado na proa, permítelle traballar entre xeos flotantes. Ademais pode realizar levantamentos de fondos de ata 5.000 m de profundidade. O buque dispón dun vehículo de operación remota submarina ( ROV) para gravar imaxes submarinas e para a toma de datos oceanográficos. (presentación de datos ofreciudos polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente)
CCOO, que desde o primeiro momento se puxo a disposición das familias das vítimas, lamenta que o Goberno central amose tal falta de empatía. Tamén lle reprocha as constantes escusas para non atender unha reivindicación que, ademais de lexítima, pode ser crucial para evitar que unha nova traxedia desta dimensión cobre máis vidas de traballadores do mar. Non podemos entender, que desplazandose un buque destas caracteristicas nunha expedición de tres meses a zoa onde a fundiu o Vila de Pitanxo, non fixera unha planificación da posibilidade de isnpeccionar o pecio do barco siniestrado.
Comisións Obreiras seguirá traballando —en comunicación constante coas familias— para esclarecer a verdade e chegará á Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM), —entidade adscrita ao Ministerio de Transportes— para que teña en conta todos os aspectos que puidesen ter incidencia neste sinistro. As Autoridades non poden vir a enterrar aos mortos e ofrecerlles as familias todo o seu apoio, e agora non prestar a mínimo intres en investigar con todos os medios o motivo do accidente, e si non se fai o polo menos se intenta, unha inspección do pecio o suceso non poderá esclarecerse con todas as garantías.

Un comentario

  • JULIO ASOREY

    Sería muy gratificante observar al Sindicato CCOO dedicarse a lo suyo:Verificar los contratos de todos.Conseguir unificar criterios «desperdigados»en la Administración ,PESCA ,INSTITUTO SOCIAL DE LA MARINA , DGMM y XUNTA entre otros y como punto de partida,no estaría mal el CLC2006 para que los pescadores tuviesen unificado el tema primordial de sus contratos y homologarlos a Europa.
    Ahí es donde deben incrementar sus esfuerzos por que el Pescador firma y acepta lo que le ofrece el Armador o no embarca.
    Tienen capacidad propia para intervenir y conseguir unificar dentro de los Ministerios y Direcciones Generales,estudios encaminados a que la pesca sea más segura ,si inicialmente los contratos y la selección del trabajador son las adecuadas y conformes a Europa.Sin duda ,es un gran favor al colectivo de la Pesca ,quienes seguramente ,se lo agradecerán para siempre.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.