O xornalista, investigador e técnico do Xacobeo, Manuel F. Rodríguez, será o pregoeiro da 3ª Festa do Peregrino de Triacastela

O Concello de Triacastela celebrará o vindeiro 16 de xullo a terceira edición da Festa do Peregrino, cuxo pregón correrá a cargo do xornalista, investigador e técnico do Xacobeo, Manuel F, Rodríguez, natural de Sarria.

O Goberno local destaca a súa dilatada traxectoria de promoción cultural, asociacionismo e investigación e, sobre todo, o seu traballo a prol da promoción e mantemento do Camiño de Santiago a través da súa participación na xestión do Plan Xacobeo.

Programa

A celebración dará comezo ás 11:30 horas coa apertura dos postos de artesanía na Praza da Deputación e animación na rúa a cargo do grupo Gaitas Xiada e Panderetas Xiadiña.

Ás 12:00 horas farase a inauguración da exposición ‘Cova Eirós’ na Fonte do Lunar.

Ás 12:30 horas levarase a cabo a presentación do libro da autora local, Mirella López Díaz, ‘Breicar en el Camino de Santiago’.

De seguido, Manuel F. Rodríguez pronunciará o seu pregón ás 13:00 horas.

Ás 16:00 horas será quenda do obradoiro creativo ‘Escultura Kaos’ e ás 17:00 horas levarase a cabo o taller de impresión de papel ‘Amorote’.

Ás 19:00 horas haberá un espectáculo de títeres tradicionais, ‘Dona barriga verde’ a cargo de Larraitz Urruzola.

A xornada remata coa actuación musical da banda de rock ‘Sound Sisters’.

A rexedora, Olga Iglesias, anima a participar neste evento que pretende »manter viva a chama do Camiño Francés» e enxalzar »a tradición xacobea de Triacastela, final de etapa dende o Códice Calixtino».

“Vai ser unha homenaxe ao Camiño e a todas as persoas relacionadas con el, tanto as da localidade como as que cada ano chegan ata Triacastela”, afirma. Destaca ademais a importancia de contar cun programa pensado para todos os públicos e de todas as idades

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.