Os Microefectos Dramatúrxicos voltan co microteatro ao Club Clavicémbalo de Lugo

por Redacción Lugo

Os pases terán lugar este xoves 31 de agosto e venres 01 e sábado 02 de setembro nos seguintes horarios: 20:30 e 22:30 horas

Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas. Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick, tamén haberá entradas dispoñíbeis na billeteira en cada un dos pases.

O grupo, que cumpriu dez anos a comezos de maio, pon en escena pezas teatrais duns quince minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

PEZAS

Digno, católico e sentimental Escribe e dirixe: Raquel López Cendán. Interpretan: Elvira Velasco, Brais García, Isa Herrero e Raquel López Cendán.

Inteligencia artificial diversa funcional Escribe e dirixe: Pepe Saavedra. Interpretan: María Grandío, Brais García e Raquel López Cendán.

Guateque Guarrete Escribe e dirixe: Brian Rodríguez. Interpretan: Raquel López Cendán, Brian Rodríguez, Brais García, Isa Herrero, Elvira Velasco e Anxo Manoel.

A vida é un festival (ou o outro lado do xamón) Escribe e dirixe: María Grandío. Interpretan: María Grandío, Conchi Madrina, Anxo Manoel e Brian Rodríguez.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario